Tuesday 21 de May de 2024

O Concello de Noia felicita ao noiés Iago Fernández Ramos, campión galego sub 10 nos campionatos de xadrez celebrados en Padrón


O Concello de Noia felicita ao noiés Iago Fernández Ramos, do club Brétema, que vén de proclamarse campión galego sub 10 nos campionatos organizados pola Federación Galega de Xadrez en Padrón, e que tiveron lugar entre o 23 e o 26 de marzo. Iago Fernández, formado na escola de xadrez do Liceo de Noia, conseguiu 7 puntos no torneo.

O ouro de Iago Fernández non foi o único conseguido polo club de xadrez Brétema nestes Campionatos Galegos individuais, onde os irmáns Emma e David Cernadas tamén se proclamaron campións de Galicia nas categorías Sub 8 e Sub 12, respectivamente.